sábado, 29 de enero de 2022

Día Escolar da No Violencia e a Paz

DÍA DA PAZ

O 30 de xaneiro celébrase A Paz, dedicado a conmemorar nos centros educativos unha cultura de non violencia e paz.

A educación en e para a tolerancia, a solidariedade, a concordia, o respecto aos Dereitos Humanos, a non-violencia e a paz son motivos para lembrar o 30 de xaneiro.

Os centros educativos comprométense a ser defensores da paz e entendemento entre persoas de distinta procedencia e modos de pensar.


É, neste día porque se celebra o aniversario da morte do Mahatma Gandhi (India, 1869-1948), líder pacifista que defendeu e promoveu a non violencia e a resistencia pacífica fronte á inxustiza e que foi asasinado por defender estas ideas. 

O Día da Paz, pola súa temática xeral de non violencia, resolución de conflitos e convivencia, pode traballarse con todo o alumnado, na familia, nos centros educativos e deportivos, na sociedade, … todos os días do ano.

Unha educación inspirada nunha cultura de non violencia e paz permite ao noso alumnado adquirir coñecementos, actitudes e competencias que reforcen o seu desenvolvemento como cidadáns globais críticos e comprometidos cos seus dereitos e os doutras persoas.