martes, 21 de abril de 2020

DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO


ACTIVIDADES PARA CELEBRAR O DÍA DO LIBRO 23 DE ABRIL E LETRAS GALEGAS 17 DE MAIO

TÓDOLOS ANOS NO COLEXIO  CELEBRÁMOS ESTAS DATAS  CONTANDO CONTOS A OUTROS NENOS E NENAS DE OUTROS CURSO.
ESTE ANO IMOS FACELO TAMÉN DENDE A CASA,  TEDES QUE ESCOLLER O CONTO QUE MÁIS VOS GUSTE,  DICIR O VOSO NOME E O TÍTULO DO CONTO( POR EXEMPLO SON PEDRO DE 3º VOU LER O CONTO DOS TRES PORQUIÑOS), E QUE PAPÁ OU MAMÁ VOS GRAVE CO MOBIL PERO  QUE NON SE VEXA A CARA( ENFOCANDO O LIBRO E AS PÁXINAS) OU SI QUEREDES PODEDES FACER UNHA CARETA E CONTALO COMO FACIAS NA AULA.
QUEREMOS ENCHER A PÁXINA DO BLOG DA BIBLIOTECA CON MOITOS CONTOS CONTADOS POR VOS OU POLOS  PAPÁS, MAMÁS, IRMÁNS OU QUEN QUEIRA CONTAR UN.


DENDE A BIBLIOTECA DO COLE MOITO ÁNIMO!

BICOS  E APERTAS.


DÍA  DO  LIBRO  23  DE ABRIL  2020

https://youtu.be/jfpZC-GT2-g  EL DIA DEL LIBRO PARA NIÑOS
https://youtu.be/nEpQumRDmZg  CELEBRAR EL DÍA DEL LIBRO
https://youtu.be/NXvsajaJ9Xs  ¿SABIAS COMO SE HACEN LOS LIBROS?
https://youtu.be/KMW6iofXnxs  ¿Cuál FUE EL PRIMER LIBRO?

https://youtu.be/3Sc9cKGKzeU  CANCION DE LOS LIBROS

CANCIÓN O LIBRO MÁXICO DE MIGALLAS


Un 23 de abril de 1616 falecían Cervantes e Shakespeare. Tamén nun 23 de abril naceron  ou morreron  outros escritores eminentes como Maurice Druon, K. Laxness, Vladimir Nabokov, Josep Pla ou Manuel Mejía Vallejo.
Por este motivo, esta data tan simbólica para a literatura universal foi a escolleita  pola Conferencia Xeral da UNESCO para render unha homenaxe mundial ao libro e aos seus autores, e alentar a todos, en particular aos máis novos, a descubrir o pracer da lectura e respectar a irreemplazable contribución dos creadores ao progreso social e cultural.
Os libros son un bo instrumento para compartir coa familia, que nos axuda a ampliar o vocabulario e a nosa linguaxe e permítenos pasar un bo intre e entretennos. Ademais, estimula a nosa imaxinación, permítenos achegarnos a outras culturas, permite que nos identifiquemos con outras persoas e permítenos coñecer máis sobre a nosa historia.
A afección de ler, recomendar e comentar libros, descubrir historias ou autores que nos cambiaron  a vida ou novos estilos, tendencias, autores que nos abren portas e logo de lelos sentímonos mellor ou coa sensación de entender ou apreso algo novo crece día a día, ademais, non só co boca a boca, senón co fenómeno das redes sociais, que está contribuíndo á difusión das opinións entre persoas.
A celebración do Día do Libro é un acontecemento moi especial para os nenos. A través dos libros, os nenos reciben a herdanza cultural, histórica, científica, literaria... e a través das obras impresas os nenos poden viaxar a outros mundos e lugares, transportarse ao pasado e ao futuro e vivir outras vidas a través dos personaxes. Cultivar o amor polos libros é o mellor regalo que podemos facerlles hoxe aos nenos.

jueves, 16 de abril de 2020

LECTURAS ONLINE

Nos seguintes enlaces tedes  lecturas online gratuítas para tódalas idades, tanto para E. Infantil como para E. Primaria. A ler tod@s historias ben interesantes de distint@s autores!!

jueves, 2 de abril de 2020

DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL


HOXE, 2 DE ABRIL, CELÉBRASE O DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO.ANÍMATE A LER UN CONTO CURTO, PODES GRABALO COA TÚA VOZ E ENVIAR A GRABACIÓN PARA POÑELA NO BLOGUE DA BIBLIOTECA.

DISFRUTA  COA LECTURA DOS CONTOS: