martes, 17 de mayo de 2022

17 MAIO 2022

 LETRAS GALEGAS 2022

Iste ano o día das letras galegas está adicado a Florencio Delgado Gurriarán.

Florencio nado en Córgomo(Vilamartín de Valdeorras)o 27 de agosto de 1903 e finado en Fair Oaks(California)o 14 de maio de 1987, foi un avogado e poeta galego. En México fundou a revista Vierios, con Luís Soto e Carlos Velo, a Fundación do Padroado da Cultura Galega, a Irmandade e o Ateneo de Galicia. A súa obra está recollida nos libros Bebedeira (1934), Galicia infinda (1963), Cantarenas. Poemas (1934-1980) (1981) e O soño do guieiro (1985). 

A Real Academia Galega acordou dedicarlle o Día das Letras Galegas tendo en conta catro aspectos fundamentais: a súa obra poética, catro libros con diferentes rexistros; a súa defensa e militancia a prol dos valores democráticos nun tempo adverso que el mantivo acesos mesmo nas angosturas do desterro; as terras de Valdeorras, coa súa cultura, tradicións, patrimonio histórico (material e inmaterial) e lingua; o entusiasmo, a colaboración, a demanda explícita que as institucións e as xentes dos concellos e as asociacións de Valdeorras lle transmitiron á Academia para que iste ano 2022 fose o Ano Florencio Delgado. 

https://primaveradasletras.gal/  FLORENCIO DELGADO GURRIARÁN