miércoles, 23 de diciembre de 2020

 CONTOS DE NADAL


Fabián cóntanos "El niño que nació en Belén"

1234
567
 
Alba còntanos "Los Reyes Magos de Oriente"
1234
















 

 

 

martes, 22 de diciembre de 2020

 REMATA O PRIMEIRO TRIMESTRE

Estamos as portas do Nadal e polo tanto temos todo o colexio adornado coa ledicia das cores, dos adornos da festa e cos villancicos. Pronto rematarán as clases e xa se respiran as gañas de ter vacacións, de pasalo ben coa família na  casa aínda que teremos que ser moi responsables e prudentes respetando e recordando as normas que nos protexerán do vírus do covid-19 que estamos a padecer en todo o mundo.

Este primeriro trimestre pasou moi rápido e case sen darnos conta estamos xa no Nadal, pensando nas lambetadas, turróns, comidas especiais, e como non tamén nos agasallos! 

Pero para que cheguen os agasallos, lembrade que tedes que escribir as cartas aos Reis Magos ou a Papá Noel e non esquenzades que sempre está moi ben pedir UN ou DOUS libros, ademais dos xoguetes...

Gustaríame facervos algunhas recomendacións para as vacacións: LER e ESCRIBIR algunha pequena historia ou conto, FACER DEBUXOS, ANIMARVOS A RECOMENDAR OS LIBROS QUE XA LEICHEDES enviando un escrito a dirección do blogue da biblioteca para publicala. Asi podesde compartir no blogue da biblioteca os libros que vos gustan.  

Durante este trimestre o curso de 6º de primaria e a súa titora GAÑARON O PRIMEIRO PREMIO no concurso escolar de posdcasts en galego "XOSÉ MOSQUERA PÉREZ " : SINÉQDOQUE" polo que os nosos PARABÉNS.

Podedes escoitalo na seguinte dirección: 

 https://youtu.be/QRdLAd68lMw

 

PARABÉNS tamén para o 4º curso póla súa magnífica interpretación teatral da obra “O príncipe Cincento” para a súa titora Marián, a profesora en prácticas Alicia e a todo o alumnado polo duro traballo que realizaron. Esperamos que fagan mais obras teatrais tan ben como esta.

Podedes velo na seguinte dirección:  

 https://youtu.be/K2Jlh_F3b0g  

 

Tamén PARABÉNS A TODO O ALUMNADO póla súa participación nas actividades propostas polo Equipo de Dinamización da Língua Galega (Samaín, debuxos “Sentindo en Galego”,…).

A toda a Comunidade escolar: alumnado-familias-profesorado, pola súa colaboración e participación na decoración de nadal no centro, cos seus calcetíns brillantes, debuxos e manualidades: MOITAS GRAZAS!.

Dende a Biblioteca GRAZAS ao alumnado que coas súas voces leron relatos e contos, e vos animan a seguir lendo. Vos tamén  podedes leer e envialos a dirección do blogue para publicalos

   bibliorainha@gmail.com 


 O NADAL SIGNIFICADO E SÍMBOLOS 

(fai clik en cada cadrado para ver e escoitar) 

1 2 3 5 6 7 9 1011121314


 








 






   







 

 

 

 

 

 


jueves, 19 de noviembre de 2020

DÍA DOS DEREITOS DAS NENAS E NENOS 

A Declaración dos dereitos do neno foi aprobada  o 20 de novembro de 1959 por unanimidade dos 78 estados membros que entón integraban as Nacións Unidas.

                                    

 DISFRUTADE DO VIDEO QUE O CEIP ROSALÍA DE CASTRO DO GROVE FIXO  NO ANO  2016

 

                                LOS LUNNIS CANCIÓN DE LOS DERECHOS


                                    CANCIÓN SI YO FUERA TU

CANCIÓN DE LOS DERECHOS DEL NIÑO Y DE LA NIÑA                    

DERECHOS QUE DEBES CONOCER   



viernes, 13 de noviembre de 2020

 

INFORMACIÓN DENDE A BIBLIOTECA PARA O PROFESORADO


Para animar este curso tan atípico e problemático polo virus, o equipo da bilbioteca propón o proxecto:


CANCIÓNS E BAILES DO MUNDO”


En medio desta inquedanza queremos axudar a todo o alumnado a sentir  alegría e diversión.

Cada aula ou especialidade pode escoller unha canción (en calquera idioma) e un baile para traballar na aula. Poñerase un folio no taboleiro da biblioteca para apuntar as cancións elexidas, intentaremos no repetilas.


Pódense programar unhas datas para ensinalo a todo o colexio, no patio por grupos, mantendo as normas de seguridade.



                                                                  




jueves, 29 de octubre de 2020

TEMPO DE SAMAÍN

 Chega o Samaín e lembramos a súa historia e tamén  as nosas actividades favoritas de cursos anteriores.


CLICA AQUÍ









                                                                 

miércoles, 21 de octubre de 2020

OS NOSOS LIBROS FAVORITOS

 Ola amig@s:

A pantasma, despois dunha interesante investigación, xa coñece os libros preferidos  dos seus amiguiñ@s do Ceip Raíña Fabiola. Ollade este video e tamén vos o saberedes.




                                             CLICA AQUÍ

jueves, 15 de octubre de 2020

FESTEXAMOS O DÍA DAS BIBLIOTECAS

  Ola a tod@s:

Son a pantasma da biblioteca. Pronto imos estar de festa na biblioteca porque o 24 de outubro conmemoramos o noso día. Colgo esta información para que saibades un pouquiño máis desta conmemoración.

GUÍA DA NOSA BIBLIOTECA


Dende a nosa biblioteca escolar convidamos ás familias a participar coas seguinters actividades desde as súas casas:

  • Facer unha foto da biblioteca que o alumno/a ten na súa casa e enviala á dirección da biblioteca bibliorainha@gmail.com. As fotos recibidas colgaranse no blogue da biblioteca.
  • Pódese facer tamén un pequeno vídeo presentando o libro preferido de cada membro da familia,enfocando a portada do libro. Esperamos a vosa colaboración!!



                              As bibliotecas de Iago e Aldán

jueves, 8 de octubre de 2020

DÍA DAS BIBLIOTECAS

 OLA A TOD@S:

Empezamos un novo curso e imos festexalo celebrando o Día das Bibliotecas. O 24 de outubro estamos de festa e quero pedirvos que fagades un debuxo nun folio do teu libro preferido ( portada, personaxes...) poñendo o título do libro. Tede este debuxo para o día 13 de outubro.

Cada aula fará o reconto entre tódolos títulos e elixirá o favorito.

Os debuxos dos libros favoritos gañadores de cada aula colgaranse  antes do día 24 no blogue da Biblioteca.

Uff!! Estou desexando coñecer  os vosos libros preferidos!!

Saúdos

A Pantasma da Biblio



jueves, 4 de junio de 2020

DÍA DO MEDIO AMBIENTE

Venres, 5 de xuño celébrase o Día do Medio Ambiente. Anímate a participar poñendo : Que fas ti polo medio ambiente? Podedes achegar as vosas ideas  en forma de manuais, poesías, redaccións, vídeos... ao correo rainhabiblio@gmail.com



Películas para concienciar ao alumnado sobre o medio ambiente:

miércoles, 13 de mayo de 2020

LETRAS GALEGAS 2020

O DÍA DAS LETRAS GALEGAS, 17 DE MAIO, ADÍCASE ESTE ANO 2020 A RICARDO CARVALHO CALERO. PARA COÑECER A VIDA E OBRAS DESTE ESCRITOR ENTRA NA PRIMAVERA DAS LETRAS  E FARÁS UNHA VIAXE APAIXONANTE.





                                PRIMAVERA DAS LETRAS

                                 O PORTAL DA LINGUA GALEGA




domingo, 3 de mayo de 2020

RECOPILATORIO DE CONTOS

Disfrutade con este recopilatorio de contos. Hai moitos, en diferentes formatos, esperamos que vos gusten e pasades momentos estupendos con eles.





                        RECOPILATORIO DE CONTOS

martes, 21 de abril de 2020

DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO


ACTIVIDADES PARA CELEBRAR O DÍA DO LIBRO 23 DE ABRIL E LETRAS GALEGAS 17 DE MAIO

TÓDOLOS ANOS NO COLEXIO  CELEBRÁMOS ESTAS DATAS  CONTANDO CONTOS A OUTROS NENOS E NENAS DE OUTROS CURSO.
ESTE ANO IMOS FACELO TAMÉN DENDE A CASA,  TEDES QUE ESCOLLER O CONTO QUE MÁIS VOS GUSTE,  DICIR O VOSO NOME E O TÍTULO DO CONTO( POR EXEMPLO SON PEDRO DE 3º VOU LER O CONTO DOS TRES PORQUIÑOS), E QUE PAPÁ OU MAMÁ VOS GRAVE CO MOBIL PERO  QUE NON SE VEXA A CARA( ENFOCANDO O LIBRO E AS PÁXINAS) OU SI QUEREDES PODEDES FACER UNHA CARETA E CONTALO COMO FACIAS NA AULA.
QUEREMOS ENCHER A PÁXINA DO BLOG DA BIBLIOTECA CON MOITOS CONTOS CONTADOS POR VOS OU POLOS  PAPÁS, MAMÁS, IRMÁNS OU QUEN QUEIRA CONTAR UN.


DENDE A BIBLIOTECA DO COLE MOITO ÁNIMO!

BICOS  E APERTAS.


DÍA  DO  LIBRO  23  DE ABRIL  2020

https://youtu.be/jfpZC-GT2-g  EL DIA DEL LIBRO PARA NIÑOS
https://youtu.be/nEpQumRDmZg  CELEBRAR EL DÍA DEL LIBRO
https://youtu.be/NXvsajaJ9Xs  ¿SABIAS COMO SE HACEN LOS LIBROS?
https://youtu.be/KMW6iofXnxs  ¿Cuál FUE EL PRIMER LIBRO?

https://youtu.be/3Sc9cKGKzeU  CANCION DE LOS LIBROS

CANCIÓN O LIBRO MÁXICO DE MIGALLAS


Un 23 de abril de 1616 falecían Cervantes e Shakespeare. Tamén nun 23 de abril naceron  ou morreron  outros escritores eminentes como Maurice Druon, K. Laxness, Vladimir Nabokov, Josep Pla ou Manuel Mejía Vallejo.
Por este motivo, esta data tan simbólica para a literatura universal foi a escolleita  pola Conferencia Xeral da UNESCO para render unha homenaxe mundial ao libro e aos seus autores, e alentar a todos, en particular aos máis novos, a descubrir o pracer da lectura e respectar a irreemplazable contribución dos creadores ao progreso social e cultural.
Os libros son un bo instrumento para compartir coa familia, que nos axuda a ampliar o vocabulario e a nosa linguaxe e permítenos pasar un bo intre e entretennos. Ademais, estimula a nosa imaxinación, permítenos achegarnos a outras culturas, permite que nos identifiquemos con outras persoas e permítenos coñecer máis sobre a nosa historia.
A afección de ler, recomendar e comentar libros, descubrir historias ou autores que nos cambiaron  a vida ou novos estilos, tendencias, autores que nos abren portas e logo de lelos sentímonos mellor ou coa sensación de entender ou apreso algo novo crece día a día, ademais, non só co boca a boca, senón co fenómeno das redes sociais, que está contribuíndo á difusión das opinións entre persoas.
A celebración do Día do Libro é un acontecemento moi especial para os nenos. A través dos libros, os nenos reciben a herdanza cultural, histórica, científica, literaria... e a través das obras impresas os nenos poden viaxar a outros mundos e lugares, transportarse ao pasado e ao futuro e vivir outras vidas a través dos personaxes. Cultivar o amor polos libros é o mellor regalo que podemos facerlles hoxe aos nenos.

jueves, 16 de abril de 2020

LECTURAS ONLINE

Nos seguintes enlaces tedes  lecturas online gratuítas para tódalas idades, tanto para E. Infantil como para E. Primaria. A ler tod@s historias ben interesantes de distint@s autores!!

jueves, 2 de abril de 2020

DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL


HOXE, 2 DE ABRIL, CELÉBRASE O DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO.ANÍMATE A LER UN CONTO CURTO, PODES GRABALO COA TÚA VOZ E ENVIAR A GRABACIÓN PARA POÑELA NO BLOGUE DA BIBLIOTECA.

DISFRUTA  COA LECTURA DOS CONTOS: