jueves, 28 de enero de 2021

 A PAZ 

O 30 de Xaneiro día escolar  da Non-violencia e da Paz .

Esta data foi elexida pola Organización das Nacións Unidas, pola importancia de   “Mahatma” Gandhi no camiño a un mundo posible de paz. 

A mensaxe básico deste día é 

" Amor universal, Non-violencia e Paz. O Amor universal é mellor que o egoísmo, a Non-violenci é mellor que a violencia e a Paz é mellor que a guerra".

Só a través da educación, a ciencia e a cultura, podense orixinar conductas, actitudes e hábitos de conciliación, diálogo e tolerancia.
 A Paz é algo moi importante para poder vivir a gusto, sin rencor, sin discusións e sin nada malo polo que estar enfadados.
A través de bos pensamentos, de bos actos, da mínima axuda que prestemos aos necesitados, poñemos o noso granito de area para que o mundo sexa mellor e haxa paz entre nós. 

Todos os anos no noso colexio facíamos unha celebración da Paz con cancións e bailes todos xuntos no patio pero este ano debido ao virus covid 19 non podemos facer todos xuntos estas actividades, pero non deixamos de dicir a todo o mundo que queremos a Paz para tod@s, que estamos baixo o mesmo sol, como dí a canción que aprendemos para disfrutar e vivir con alegría e amor.

 
 
Podedes escoitar algún conto para aprender un pouco mais da paz.




 



martes, 5 de enero de 2021

PROXECTO: CANCIÓNS E BAILES DO MUNDO

INVESTIGAMOS O PROXECTO EN RELIXIÓN:

"OS VILLANCICOS"

O ALUMNADO DE RELIXIÓN BUSCOU INFORMACIÓN SOBRE AS CANCIÓNS TÍPICAS DO NADAL. ESTA É UNHA PEQUENA MOSTRA DAS SÚAS PESQUISAS.



 QUE OS REIS MAGOS DEIXEN MOITOS AGASALLOS, MOITA FELICIDADE E MOITA SAÚDE PARA TODOS E TODAS.