lunes, 21 de marzo de 2022

POESÍA E ÁRBORE

 

21 DE MARZO  É O DÍA MUNDIAL DA POESÍA E TAMÉN O DÍA DA ÁRBORE

A Organización das Nacións Unidas  di que este Día ten como propósito promover o ensino da poesía; fomentar a tradición oral dos recitais de poéticos; apoiar ás pequenas editoriais; crear unha imaxe atractiva da poesía nos medios de comunicación para que non se considere unha forma anticuada de arte, senón unha vía de expresión que permite ás comunidades transmitir os seus valores e foros máis internos e reafirmarse na súa identidade; e restablecer o diálogo entre a poesía e as demais manifestacións artísticas, como o teatro, a danza, a música e a pintura.

 O Día da Árbore ou Festa da Árbore é un recordatorio da importancia de coidar as superficies arborizadas e bosques. As árbores, entre outros moitos beneficios, transforman o dióxido de carbono, responsable do efecto invernadoiro, en biomasa, minimizan os riscos de inundación, e evitan a erosión, entre outras moitas funcións.

VIDEOS COMO FACER POESÍA        
POESÍAS SOBRE ÁRBORE        












 

jueves, 10 de marzo de 2022

DÍA DA MULLER 8 de MARZO

 DÍA DA MULLER

O Día Internacional da Muller conmemórase cada 8 de marzo  e a loita das mulleres pola súa participación na sociedade e o seu pleno desenvolvemento como persoa, en igualdade de condicións que os homes.

 As cortizas do noso centro luciron a cor morado/violeta, esta cor utilízase nesta data porque combinando o azul que representa os homes, e o rosa, as mulleres, equivale á igualdade de xénero.