21 DE MARZO É O DÍA MUNDIAL DA POESÍA E TAMÉN O DÍA DA ÁRBORE
A Organización das Nacións Unidas di que este Día ten como propósito promover o ensino da poesía; fomentar a tradición oral dos recitais de poéticos; apoiar ás pequenas editoriais; crear unha imaxe atractiva da poesía nos medios de comunicación para que non se considere unha forma anticuada de arte, senón unha vía de expresión que permite ás comunidades transmitir os seus valores e foros máis internos e reafirmarse na súa identidade; e restablecer o diálogo entre a poesía e as demais manifestacións artísticas, como o teatro, a danza, a música e a pintura.
O Día da Árbore ou Festa da Árbore é un recordatorio da importancia de coidar as superficies arborizadas e bosques. As árbores, entre outros moitos beneficios, transforman o dióxido de carbono, responsable do efecto invernadoiro, en biomasa, minimizan os riscos de inundación, e evitan a erosión, entre outras moitas funcións.
No hay comentarios:
Publicar un comentario