TODAS AS PERSOAS DO COLEXIO RAIÑA FABIOLA ESTAMOS TRISTES 😂 PORQUE A NOSA QUERIDA MARISOL DEIXOUNOS 💔, FOISE A UNHA VIAXE AO CEO E NON VIRÁ PORQUE ESTÁ MOI FELIZ ALÍ 👼 .
XA NON ESTARÁ COMO TODOS OS DÍAS POLAS MAÑAS, ESPERÁNDONOS COA SÚA SONRISA NA ENTRADA AO COLEXIO 🙋 , NIN DÁNDONOS OS BOS DÍAS, NON PODERÁ FACERNOS AS FOTOCOPIAS QUE TANTO FACÍA, NON CURARÁ AS NOSAS FERIDAS , NIN NOS DARÁ OS SEUS CONSELLOS, NON TOMAREMOS OS CAFÉS E CHOCOLATES DA MÁQUINA CON ELA, NIN FALAREMOS DAS COUSAS DO DÍA A DÍA,…
MARISOL ERA A ENFERMEIRA MARAVILLOSA DE TODO O ALUMNADO, UNHA CAIDA, UNHA FERIDA, UN CHICHÓN,... AS SÚAS PALABRAS CARIÑOSAS ERAN A MELLOR MEDICIÑA, ERA COMO A MAMÁ QUE CONSOLABA E ACARIÑABA A TODOS OS QUE PASABAN POLA SÚA COMPAÑA CANDO TIÑAN UNHA TRISTURA OU FERIDA.
MARISOL ESTABA PARA TODO E PARA TODOS, DISPOSTA A FACER O QUE SE LLE MANDARAN E INCLUSO FACÍA O QUE NON TIÑA QUE FACER PARA FACILTAR O TRABALLO AOS DEMAIS, ELA ESTABA ATENTA NOS MOMENTOS IMPORTANTES E NAS COUSAS QUE PRECISABAMOS O PROFESORADO, OS PAIS E NAIS, TODO O ALUMNADO E AS PERSOAS QUE PASARON POLO COLEXIO, ELECTRICISTAS, REPARTIDORES, XARDINEIROS, TÉCNICOS DO AXUNTAMENTO... TODAS AS PERSOAS QUE ESTIVERON CON ELA E A COÑECERON DICEN QUE ERA UNHA MOI BOA TRABALLADORA E SOBRE TODO MOI MOI BOA PERSOA CUN CORAZÓN MOI GRANDE E CHEO DE AMOR💓.
SEMPRE PENSANDO NOS DEMAIS MÁIS QUE EN SI MESMA, A PESAR DAS DORES QUE TIÑA POLOS TRABALLOS PESADOS QUE FIXERA, ELA SEMPRE TIRABA PARA ADIANTE, CUNHA FORZA DE VONTADE INCRIBLE E SEMPRE DANDO ÁNIMOS AOS DEMAIS 👌.
TANTO O ALUMNADO COMO O PROFESORADO SENTIMOS UNHA GRAN PENA 😭, PORQUE ERA TAN TAN BOA QUE A SÚA FALTA NÓTASE MOITÍSIMO, AS SÚAS PALABRAS, CONSELLOS, HISTORIAS...
GUSTÁBALLE O SEU TRABALLO, ERA FELIZ FACENDO O QUE FACÍA, E TODOS NÓS ESTABAMOS MOI A GUSTO CON ELA 👪, VAI SER MOI DIFICIL ATOPAR A ALGUÉN COMO MARISOL.
AINDA QUE NON A VEREMOS, SENTIREMOS QUE ESTÀ EN CADA RECUNCHO DO COLEXIO E RECORDAREMOS TODO O QUE FIXO POR NOS, O SEU CARIÑO, A SÚA AXUDA, AS SÚAS CURAS, O SEU TRABALLO...
ALÍ ONDE ESTEA AGORA ESTARÁ VENDO O MOITO QUE A QUEREMOS E O MOITO QUE A VOTAMOS DE MENOS, E QUE NON A IMOS ESQUECER NUNCA PORQUE ESTARÁ SEMPRE NA NOSA MEMORIA E NOS NOSOS CORAZÓNS 💓💕💕.
MARISOL XA VES QUE FIXEMOS UN PEQUENO OMENAXE DENDE O CARIÑO DO NOSO CORAZÓN, E DÁMOSCHE AS GRAZAS POR DARNOS
TANTO, GRAZAS POR QUERERNOS, POR COIDARNOS, GRAZAS POR SER PARTE DAS NOSAS
VIDAS, QUERÉMOSTE E NON TE OLVIDAREMOS. 💓💖💗💞💟
No hay comentarios:
Publicar un comentario