martes, 26 de octubre de 2021

SAMAÍN

 PREPARÁMONOS PARA O SAMAÍN

Durante a semana antes do 31 de outubro imos preparar o Samaín(fin do verán), con libros e actividades de medo, con cabazas, bruxas, pantasmas...e moitas cousas para pasalo de medo!!!   

Este ano o profesorado iremos as clases a ler contos de medo.

Como todos os anos lembramos esta data e aprendemos por qué o celebramos. 

Click nos enlaces.

domingo, 24 de octubre de 2021

 HOXE É O DÍA DAS BIBLIOTECAS

Ainda que é domingo lembramos este día tan importante para tod@s.

Por iso queremos que todo o mundo vexa a nosa Biblioteca Escolar.

Co noso triptico  sabemos atopar os libros ou o que queiramos. 

¡¡¡¡MOITAS FELICIDADES

A TODAS AS BIBLIOTECAS DO MUNDO!!!









miércoles, 13 de octubre de 2021


FESTA DA BIBLIOTECA

O vindeiro 24 de Outubro celebramos o Día Da Biblioteca, este ano no CEIP Raíña Fabiola propuxemos que o alumnado recomendase un libro facendo o debuxo da súa portada.

Despois poñeranse na cortiza da entrada do centro e así veranse todos os debuxos de todas as portadas que fixo o alumnado e o profesorado. 


FESTEXAMOS O DÍA DAS BIBLIOTECAS

O 24 de outubro (data na que a biblioteca de Saraxevo foi incendiada durante o conflicto balcánico- 1997), celébrase o Día da Biblioteca, por iniciativa da Asociación Española de Amigos do Libro, como homenaxe e recoñecemento a labor que desempeñan os bibliotecarios/as.

Esta iniciativa naceu co fin de concienciar a nosa sociedade da importancia da lectura, especialmente entre os nenos e nenas, e para agradecer e potenciar a extraordinaria labor dos seus traballadores.

A esta celebración, foise sumando a sociedade enteira contando coa colaboración do Ministerio de Cultura e Deporte. A Asociación Española de Amigos do Libro Infantil e Xuvenil pretende ser a mediadora entre a biblioteca pública e a escola, o hospital, as universidades, as diferentes administracións e os cidadáns, ademais de reivindicar a figura do bibliotecario/a como motor cultural na sociedade.



Nesta data dende a Biblioteca escolar, queremos reivindicar o noso papel dinamizador no centro educativo, potenciando un espazo de socialización e de intercambio de ideas, buscando facilitar o acceso á información, ao coñecemento, sen exclusións, un espazo público libre e gratuíto, que se fai aínda máis necesario dentro da nova contorna dixital que busca reducir as diferencias sociais na información.

Saúdos da nosa mascota, a Pantasma da Biblioteca!!!!!!!!!    




     

CORTOS DE YOUBE PARA O DÍA DAS BIBLIOTECAS 2021

https://youtu.be/8aJdLb4QvVg   Breve historia de las bibliotecas

https://youtu.be/FCufqlINgaM La biblioteca de Alejandría

https://youtu.be/quPzcUykt0U La gran biblioteca de Alejandría (para primaria)

https://youtu.be/qlzfkggn_nQ  Para que sirve una biblioteca (para infantil)

https://youtu.be/88KC-XdQGeU  Como se organiza una biblioteca (para primaria)

https://youtu.be/9ufWAtwf1yk  La biblioteca y su organización (para infantil)

https://youtu.be/8CQx6B647N4   Vamos a la biblioteca (para infantil)

https://youtu.be/_-bhQZHl0aQ   Vamos a la biblioteca (para infantil)

https://youtu.be/a_-DLj6eapo  Callou va a la biblioteca (para infantil)

https://youtu.be/3Sc9cKGKzeU Canción de los libros (para infantil)

https://youtu.be/0S5qdA93zlo Biblioteca infantil de Fundación ONCE

( http://bibliotecainfantil.fundaciononce.es/ ) Libros Fundación Once online

https://youtu.be/N60Dbid1uwQ Tipos de Bibliotecas

https://youtu.be/mHUYI3uZ6TI  CANCIÓN DE MIGALLAS O LIBRO MÁXICO

https://youtu.be/DoOui9mjxtM  DISTINTAS BIBLIO.ESCOLARES DE GALICIA

https://youtu.be/AtAQgIg3lY0  BIBLIOTESORO(PARA PRIMARIA)

https://youtu.be/-ftGOXAEjws La biblioteca de CEIP Santiago el Mayor /Ciudad Real

https://youtu.be/6rN9inGMi3Y  Galícia Le

https://youtu.be/QUeMleWEdHA QUE ES UNA BIBLIOTECA PARA TI??

https://youtu.be/dL4LldRH-rM  que ES uNa biblioteca para ti

https://youtu.be/aG98znlCGuU Biblioteca eletrônica, digital, virtual

http://bvg.udc.es/ Biblioteca virtual galega

http://biblioteca.galiciana.gal/es/inicio/inicio.do Biblioteca digital galega

https://bibliotecadegalicia.xunta.gal/es Biblioteca de galicia digital xunta Galícia

http://www.culturaydeporte.gob.es/cultura/bibliotecas/bibliotecas-digitales.html

https://www.educaciontrespuntocero.com/recursos/bibliotecas-online/





jueves, 7 de octubre de 2021

 

 Ola amiguiños e amiguiñas!!

 

Xa comezamos este novo curso con moitas gañas de facer cousiñas. Temos un novo proxecto para traballar o longo do curso o tema é "Os camiños a Santiago".

 

Tamén imos poñer en funcionamento as Mochilas Viaxeiras con libros,... e un caderno para anotar as vosas opinións ou debuxar. As mochilas van viaxar a casa para que a familia tamén poda gozar das lecturas durante unha semana, o venres regresa a aula para que no fin de semana pasen a cuarentena, e o seguinte luns a leve outr@ persoa a súa casa.

 


     Disfrutade moito lendo!!