viernes, 16 de septiembre de 2022

MOCHILAS VIAXEIRAS

 MOCHILAS VIAXEIRAS

Xa están todas as Mochilas Viaxeiras listas 

para  ir con todos vos!!!!!! 

   

Dentro de cada Mochila Viaxeira vai:

 Unha folla saudando as familias e unhas indicacións .

 Unha libreta para escribir as opinións, debuxos ( o que gustou, persoaxe favorito, ….)  tanto da familia coma do alumnado).


¡¡Esperamos que a Mochila viaxe moito e o pasedes moi ben!!  

Saúdos do Equipo da Biblioteca






viernes, 9 de septiembre de 2022

CURSO 2022-2023

 INICIAMOS UN NOVO CURSO 2022-2023

Xa iniciamos este novo curso con moitas ilusións e libres das restriccions do virus que tivemos. Agora non precisamos as máscaras, que ben!!!!, podemos vernos mellor, e estamos máis cómodos, pero seguiremos tendo coidado.

A nosa Biblioteca volve a ser o lugar de encontro con tod@s vos, para coller libros, para disfrutar lendo e viaxando polo mundo da imaxinación, da investigación e da aventura.

Xa podedes vir a Biblioteca, está todo colocado para que poidades atopar os vosos libros preferidos. 

Estamos a programar moitas actividades para disfrutar moito da Biblioteca e de todos os materiais.

Dámosvos a benvida e desexámosvos que teñades 

un bo curso, 

cheo de lecturas e emociones.

MIRADE COMO ESTÁ AGORA A BIBLIOTECA

VÍDEO DA BIBLIOTECA