jueves, 29 de octubre de 2020

TEMPO DE SAMAÍN

 Chega o Samaín e lembramos a súa historia e tamén  as nosas actividades favoritas de cursos anteriores.


CLICA AQUÍ









                                                                 

miércoles, 21 de octubre de 2020

OS NOSOS LIBROS FAVORITOS

 Ola amig@s:

A pantasma, despois dunha interesante investigación, xa coñece os libros preferidos  dos seus amiguiñ@s do Ceip Raíña Fabiola. Ollade este video e tamén vos o saberedes.




                                             CLICA AQUÍ

jueves, 15 de octubre de 2020

FESTEXAMOS O DÍA DAS BIBLIOTECAS

  Ola a tod@s:

Son a pantasma da biblioteca. Pronto imos estar de festa na biblioteca porque o 24 de outubro conmemoramos o noso día. Colgo esta información para que saibades un pouquiño máis desta conmemoración.

GUÍA DA NOSA BIBLIOTECA


Dende a nosa biblioteca escolar convidamos ás familias a participar coas seguinters actividades desde as súas casas:

  • Facer unha foto da biblioteca que o alumno/a ten na súa casa e enviala á dirección da biblioteca bibliorainha@gmail.com. As fotos recibidas colgaranse no blogue da biblioteca.
  • Pódese facer tamén un pequeno vídeo presentando o libro preferido de cada membro da familia,enfocando a portada do libro. Esperamos a vosa colaboración!!



                              As bibliotecas de Iago e Aldán

jueves, 8 de octubre de 2020

DÍA DAS BIBLIOTECAS

 OLA A TOD@S:

Empezamos un novo curso e imos festexalo celebrando o Día das Bibliotecas. O 24 de outubro estamos de festa e quero pedirvos que fagades un debuxo nun folio do teu libro preferido ( portada, personaxes...) poñendo o título do libro. Tede este debuxo para o día 13 de outubro.

Cada aula fará o reconto entre tódolos títulos e elixirá o favorito.

Os debuxos dos libros favoritos gañadores de cada aula colgaranse  antes do día 24 no blogue da Biblioteca.

Uff!! Estou desexando coñecer  os vosos libros preferidos!!

Saúdos

A Pantasma da Biblio