jueves, 22 de abril de 2021

O 23 DE ABRIL CONMEMÓRASE O DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO

Trátase dun día simbólico para a literatura mundial, xa que ese día, en 1616, faleceron os escritores: Cervantes, Shakespeare e Inca Garcilaso de la Vega.

O 23 de abril, desde hai 25 anos, a UNESCO celebra o Día Mundial do Libro e do Dereito de Autor. En todo o mundo, os Estados Membros da UNESCO celebran o poder de convocatoria do libro, que transmite a cultura dos pobos e os seus soños dun futuro mellor

Este día brinda a oportunidade de reflexionar xuntos sobre a mellor maneira de difundir a cultura escrita e de permitir que todas as persoas, homes, mulleres e nenos/as, accedan a ela, mediante a aprendizaxe da lectura e o apoio ao oficio da edición, as librerías, as bibliotecas e as escolas. Os libros son os nosos aliados para difundir a educación, a ciencia, a cultura e a información en todo o mundo.

Este día sérvenos tamén para reflexionar sobre as transformacións que experimentou o libro a longo prazo e sobre os valores inmateriais polos que debemos guiarnos. 

O libro dixital ofrece novas oportunidades de acceso aos coñecementos, cun custo reducido, en ámbitos moi amplos. 

O libro tradicional segue sendo unha tecnoloxía poderosa, que non sofre avarías, que podemos levar connosco e que resiste a proba do tempo

O libro, en cada unha das súas formas, é un instrumento precioso que contribúe á educación e a difundir a cultura e a información. A diversidade de libros e de contidos é unha fonte de enriquecemento que debemos facer efectiva mediante políticas públicas adaptadas, loitando contra a uniformización cultural.

Esta bibliodiversidad é a nosa riqueza común, que fai do libro moito máis que un obxecto puramente material, a saber, a máis bela invención do ser humano para o intercambio de ideas máis aló das fronteiras do espazo e o tempo.

VÍDEOS SOBRE O LIBRO 

 
 
Historia del libro    Día del libro 23 abril    Canción me gustan los libros
 
     
Fomentar la lectura     La importancia de leer    Canción nun libro

DIRECCIÓNS INTERESANTES 

PARA CONECTARSE 

Á LECTURA


 

http://es.childrenslibrary.org/  Librería dixital infantil

https://elestudiantedigital.com/libros-en-pdf-para-ninos/  Biblioteca dixital

https://elestudiantedigital.com/audiocuentos-infantiles Audio contos

http://www.cervantesvirtual.com/portales/biblioteca_literatura_infantil_juvenil    Biblioteca virtual Miguel de Cervantes

https://cuentosparadormir.com/  Contos para durmir

http://www.cuentosinfantilescortos.net/  Contos infantis curtos

https://www.oyejuanjo.com/2015/11/10-bibliotecas-virtuales-para-tus-hijos.html

Bibliotecas virtuais para nenos/as

 

 

PROXECTO BAILANDO SAMBA NO BRASIL

 O alumnado de 2º A e B  participou no proxecto da biblioteca do centro traballando sobre un interesante país: "o Brasil" e bailando unha samba " Samba de Río de Janeiro". Esperamos que vos guste!!