O 23 DE ABRIL CONMEMÓRASE O DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO
Trátase dun día simbólico para a literatura mundial, xa que ese día, en 1616, faleceron os escritores: Cervantes, Shakespeare e Inca Garcilaso de la Vega.
O 23 de abril, desde hai 25 anos, a UNESCO celebra o Día Mundial do Libro e do Dereito de Autor. En todo o mundo, os Estados Membros da UNESCO celebran o poder de convocatoria do libro, que transmite a cultura dos pobos e os seus soños dun futuro mellor.
Este día brinda a oportunidade de reflexionar xuntos sobre a mellor maneira de difundir a cultura escrita e de permitir que todas as persoas, homes, mulleres e nenos/as, accedan a ela, mediante a aprendizaxe da lectura e o apoio ao oficio da edición, as librerías, as bibliotecas e as escolas. Os libros son os nosos aliados para difundir a educación, a ciencia, a cultura e a información en todo o mundo.
Este día sérvenos tamén para reflexionar sobre as transformacións que experimentou o libro a longo prazo e sobre os valores inmateriais polos que debemos guiarnos.
O libro dixital ofrece novas oportunidades de acceso aos coñecementos, cun custo reducido, en ámbitos moi amplos.
O libro tradicional segue sendo unha tecnoloxía poderosa, que non sofre avarías, que podemos levar connosco e que resiste a proba do tempo.
O libro, en cada unha das súas formas, é un instrumento precioso que contribúe á educación e a difundir a cultura e a información. A diversidade de libros e de contidos é unha fonte de enriquecemento que debemos facer efectiva mediante políticas públicas adaptadas, loitando contra a uniformización cultural.
Esta bibliodiversidad é a nosa riqueza común, que fai do libro moito máis que un obxecto puramente material, a saber, a máis bela invención do ser humano para o intercambio de ideas máis aló das fronteiras do espazo e o tempo.
VÍDEOS SOBRE O LIBRO
Historia del libro Día del libro 23 abril Canción me gustan los libros
Fomentar la lectura La importancia de leer Canción nun libro
Fomentar la lectura La importancia de leer Canción nun libro
DIRECCIÓNS INTERESANTES
PARA CONECTARSE
Á LECTURA
http://es.childrenslibrary.org/ Librería dixital infantil
https://elestudiantedigital.com/libros-en-pdf-para-ninos/ Biblioteca dixital
https://elestudiantedigital.com/audiocuentos-infantiles Audio contos
http://www.cervantesvirtual.com/portales/biblioteca_literatura_infantil_juvenil Biblioteca virtual Miguel de Cervantes
https://cuentosparadormir.com/ Contos para durmir
http://www.cuentosinfantilescortos.net/ Contos infantis curtos
https://www.oyejuanjo.com/2015/11/10-bibliotecas-virtuales-para-tus-hijos.html
Bibliotecas virtuais para nenos/as
No hay comentarios:
Publicar un comentario