jueves, 15 de octubre de 2020

FESTEXAMOS O DÍA DAS BIBLIOTECAS

  Ola a tod@s:

Son a pantasma da biblioteca. Pronto imos estar de festa na biblioteca porque o 24 de outubro conmemoramos o noso día. Colgo esta información para que saibades un pouquiño máis desta conmemoración.

GUÍA DA NOSA BIBLIOTECA


Dende a nosa biblioteca escolar convidamos ás familias a participar coas seguinters actividades desde as súas casas:

  • Facer unha foto da biblioteca que o alumno/a ten na súa casa e enviala á dirección da biblioteca bibliorainha@gmail.com. As fotos recibidas colgaranse no blogue da biblioteca.
  • Pódese facer tamén un pequeno vídeo presentando o libro preferido de cada membro da familia,enfocando a portada do libro. Esperamos a vosa colaboración!!



                              As bibliotecas de Iago e Aldán

No hay comentarios:

Publicar un comentario