INFORMACIÓN DENDE A BIBLIOTECA PARA O PROFESORADO
Para animar este curso tan atípico e problemático polo virus, o equipo da bilbioteca propón o proxecto:
“CANCIÓNS E BAILES DO MUNDO”
En medio desta inquedanza queremos axudar a todo o alumnado a sentir alegría e diversión.
Cada aula ou especialidade pode escoller unha canción (en calquera idioma) e un baile para traballar na aula. Poñerase un folio no taboleiro da biblioteca para apuntar as cancións elexidas, intentaremos no repetilas.
Pódense programar unhas datas para ensinalo a todo o colexio, no patio por grupos, mantendo as normas de seguridade.
No hay comentarios:
Publicar un comentario