martes, 22 de diciembre de 2020

 REMATA O PRIMEIRO TRIMESTRE

Estamos as portas do Nadal e polo tanto temos todo o colexio adornado coa ledicia das cores, dos adornos da festa e cos villancicos. Pronto rematarán as clases e xa se respiran as gañas de ter vacacións, de pasalo ben coa família na  casa aínda que teremos que ser moi responsables e prudentes respetando e recordando as normas que nos protexerán do vírus do covid-19 que estamos a padecer en todo o mundo.

Este primeriro trimestre pasou moi rápido e case sen darnos conta estamos xa no Nadal, pensando nas lambetadas, turróns, comidas especiais, e como non tamén nos agasallos! 

Pero para que cheguen os agasallos, lembrade que tedes que escribir as cartas aos Reis Magos ou a Papá Noel e non esquenzades que sempre está moi ben pedir UN ou DOUS libros, ademais dos xoguetes...

Gustaríame facervos algunhas recomendacións para as vacacións: LER e ESCRIBIR algunha pequena historia ou conto, FACER DEBUXOS, ANIMARVOS A RECOMENDAR OS LIBROS QUE XA LEICHEDES enviando un escrito a dirección do blogue da biblioteca para publicala. Asi podesde compartir no blogue da biblioteca os libros que vos gustan.  

Durante este trimestre o curso de 6º de primaria e a súa titora GAÑARON O PRIMEIRO PREMIO no concurso escolar de posdcasts en galego "XOSÉ MOSQUERA PÉREZ " : SINÉQDOQUE" polo que os nosos PARABÉNS.

Podedes escoitalo na seguinte dirección: 

 https://youtu.be/QRdLAd68lMw

 

PARABÉNS tamén para o 4º curso póla súa magnífica interpretación teatral da obra “O príncipe Cincento” para a súa titora Marián, a profesora en prácticas Alicia e a todo o alumnado polo duro traballo que realizaron. Esperamos que fagan mais obras teatrais tan ben como esta.

Podedes velo na seguinte dirección:  

 https://youtu.be/K2Jlh_F3b0g  

 

Tamén PARABÉNS A TODO O ALUMNADO póla súa participación nas actividades propostas polo Equipo de Dinamización da Língua Galega (Samaín, debuxos “Sentindo en Galego”,…).

A toda a Comunidade escolar: alumnado-familias-profesorado, pola súa colaboración e participación na decoración de nadal no centro, cos seus calcetíns brillantes, debuxos e manualidades: MOITAS GRAZAS!.

Dende a Biblioteca GRAZAS ao alumnado que coas súas voces leron relatos e contos, e vos animan a seguir lendo. Vos tamén  podedes leer e envialos a dirección do blogue para publicalos

   bibliorainha@gmail.com 


 O NADAL SIGNIFICADO E SÍMBOLOS 

(fai clik en cada cadrado para ver e escoitar) 

1 2 3 5 6 7 9 1011121314


 








 






   







 

 

 

 

 

 


No hay comentarios:

Publicar un comentario