LETRAS GALEGAS 2022
Iste ano o día das letras galegas está adicado a Florencio Delgado Gurriarán.
Florencio nado en Córgomo(Vilamartín de Valdeorras)o 27 de agosto de 1903 e finado en Fair Oaks(California)o 14 de maio de 1987, foi un avogado e poeta galego. En México fundou a revista Vierios, con Luís Soto e Carlos Velo, a Fundación do Padroado da Cultura Galega, a Irmandade e o Ateneo de Galicia. A súa obra está recollida nos libros Bebedeira (1934), Galicia infinda (1963), Cantarenas. Poemas (1934-1980) (1981) e O soño do guieiro (1985).
A Real Academia Galega acordou dedicarlle o Día das Letras Galegas tendo en conta catro aspectos fundamentais:
a súa obra poética, catro libros con diferentes rexistros; a súa
defensa e militancia a prol dos valores democráticos nun tempo adverso
que el mantivo acesos mesmo nas angosturas do desterro; as terras de Valdeorras,
coa súa cultura, tradicións, patrimonio histórico (material e
inmaterial) e lingua; o entusiasmo, a colaboración, a demanda explícita
que as institucións e as xentes dos concellos e as asociacións de
Valdeorras lle transmitiron á Academia para que iste ano 2022 fose o Ano
Florencio Delgado.
https://primaveradasletras.gal/ FLORENCIO DELGADO GURRIARÁN
No hay comentarios:
Publicar un comentario