IMAXES E LETRAS GALEGAS
4ºB PRIMARIA
O Día das Letras Galegas: Celébrase dende 1963 pola Real Academia Galega como homenaxe á creación literaria en galego e pola defensa da lingua. Este día celébrase, grazas a que en 1863 Rosalía de Castro publicou Cancións galegas que marcaron o renacemento da cultura galega. Este ano Real Academia Galega acorda homenaxear a Xela Arias, a súa poesía é "singular, transgresora, sincera e comprometida" como representante da xeración que renovou a poesía galega nos anos 80 e foi pioneira na tradución de clásicos.Como defende a Real Academia, o protagonista das Letras Galegas2021 concibiu a poesía como "un xeito de investigar e cuestionar aorde das cousas, de describir o que se aprende a ocultar". “A buscado eu profundo e reflexivo; a afirmación do corpo feminino; aperspectiva de xénero e a busca de novos espazos para a poesía através do recitado ou o diálogo coa fotografía, a música e a pintura ”,son trazos da súa voz como creadora. Arias anticipou no seu tempotemas e formas da poesía galega da década seguinte.