O CURSO ESTÁ REMATADO
Xa rematou este curso 2020-2021, un curso cheo de moitas moitas actividades, experiencias e emocións.
A pesares deste tempo tan raro, de virus covid, soupemos cumprir todas as normas e superamos con moi boa nota os niveis nulos de contaxio, por iso temos que felicitar a toda a comunidade escolar(familias, alumnado, profesorado e perosal escolar).
Tamén agradecemos a vosa participación en todas as actividades que se propuxeron dende a biblioteca e o centro escolar, moitas delas colgáronse na web e neste blog, e podedes velas e lembralas.
Agradecemos tamén o traballo feito polo profesorado na participación e realización do proxecto desde curso, e nas actividades realizadas o longo do curso.
Desexámosvos moita sorte aos que participades nas oposicións.
Que teñades unhas felices vacacións de verán, e lembrade levar un libro ou moitos libros na mochila, na maleta, na toalla.... para gozar da lectura.
As recomendacións de libros para as vacacións:
todos aqueles que che gustan, aventuras, intriga, ficción, animais.... todos son bos para divertirse nas vacacións, así que le moito.
Se queres aventuras, lánzate á lectura!!!
Vive para lembrar, le para soñar!!!
Para viaxar lonxe, non hai mellor nave que un libro!!!
Un libro na túa man, e un amigo ao teu carón!!!
Ler é soñar cos ollos abertos!!!
😚 😚
BOAS VACACIÓNS!!!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario