O
30 de xaneiro celébrase A Paz, dedicado a conmemorar nos centros educativos
unha cultura de non violencia e paz.
A
educación en e para a tolerancia, a solidariedade, a concordia, o respecto aos
Dereitos Humanos, a non-violencia e a paz son motivos para lembrar o 30 de
xaneiro.
Os centros educativos comprométense a ser defensores da paz e entendemento entre persoas de distinta procedencia e modos de pensar.
O
Día da Paz, pola súa temática xeral de non violencia, resolución de conflitos e
convivencia, pode traballarse con todo o
alumnado, na familia, nos centros educativos e deportivos, na sociedade, … todos os días do ano.
Unha
educación inspirada nunha cultura de non violencia e paz permite ao noso
alumnado adquirir coñecementos, actitudes e competencias que reforcen o seu
desenvolvemento como cidadáns globais críticos e comprometidos cos seus
dereitos e os doutras persoas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario