A Real Academia Galega mandounos esta información moi interesante.
A RAG dedica ademais a Francisco Fernández del Riego a páxina
web para o público infantil Primavera das Letras
(primaveradasletras.gal),
onde xa está dispoñible As
cousas de don Paco, unha biografía en forma de obra teatral
para ler e representar dentro e fóra das aulas. A escritora Eva
Mejuto recorre á fantasía e ao humor para presentar a figura do
intelectual e do tempo que lle tocou vivir nunha fermosa e divertida
proposta ilustrada por Lucía Cobo.
Primavera das Letras ofrece tamén outros recursos lúdicos e
didácticos.
A sección Xoga
connosco conta con fichas para colorear e actividades
interactivas que irán medrando ao longo da primavera e, un ano máis,
convocarase o concurso escolar Contádenos
o voso Día das Letras.
Na mesma páxina web está dispoñible a curtametraxe de ficción
A
orixe da nosa lingua guapa, un filme baseado nunha idea
orixinal da académica Fina Casalderrey para lles explicar aos
cativos e cativas como se foi formando o galego ao longo da historia.
Clicade nas palabras doutra cor, e podedes entrar en diferentes cousas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario