ENTROIDO 2024
ENTROIDO 2024
DURANTE A SEMANA DO 5 AO 9 DE FEBREIRO ESTIVEMOS A PREPARARNOS PARA A GRAN FESTA DO ENTROIDO DO VENRES 9 ,
REMATE DAS CLASES E INICIO DAS PEQUENAS
VACACIÓNS DE ENTROIDO.
CADA DÍA DA SEMANA A MECA ESTIVO DANDO MANDADIÑOS PARA TRAER UNHAS COUSAS DIFERENTES(ZAPATO DIFERENTE EN CADA PE, ALGO NA CABEZA...)
O VENRES FOI UNA GRAN FESTA, COS DISFRACES E PANCARTAS, SOBRE O TEMA
"CAMBIO CLIMÁTICO"
TIÑAMOS PLANIFICADO SAIR POLA RÚA DE GALERAS PARA QUE TODA A XENTE VIRA OS ORIXINAIS DISFRACES,
PERO COMO CHOVIA MOITO, FIXEMOS UNS PASEIÑOS POLO COLEXIO, TENDO AS FAMILIAS COMO PÚBLICO.
CONTINUAMOS A FESTA NO PABELLÓN DE DEPORTES ONDE OS GRUPOS DE 5º DE PRIMARIA FIXERON O XUÍZO AO PROFESORADO,
E CONTINUAMOS CON MÚSICA E BAILES, ALÍ GOZAMOS E PASÁMOLO MOI BEN.
AGRADECEMOS A TODO O ALUMNADO, AO PROFESORADO, AO CONSERXE, E AS FAMILIAS, POLA COLABORACIÓN EN TODOS OS PREPARATIVOS, ENSAIOS, AMBIENTACIÓN...
E ESPECIALMENTE AO PROFESOR MANOLO POLA ELECCIÓN DA MÚSICA E VÍDEOS, ONDE TOD@S SEGUIMOS OS MOVEMENTOS DOS BAILES.
O ENTROIDO EN GALICIA É PATRIMONIO CULTURAL
No hay comentarios:
Publicar un comentario