PREPARÁMOS A CONMERACIÓN
DO DÍA DO LIBRO E LETRAS GALEGAS
PARA CONMEMORAR O DÍA DO LIBRO E LETRAS GALEGAS PROPOMOS UNHA SERIE DE ACTIVIDADES, ENTRE AS QUE DESTACAMOS DUAS POR SER AS ACTIVIDADES ESTRELA DE OUTROS ANOS, QUE GUSTARON MOITO A TODO O ALUMNADO E PROFESORADO SON A DE "MERENDA DE LIBROS" QUE ESTE ANO LLE CAMBIAMOS O NOME POR "OS LIBROS SAEN AO PATIO", E A DE "CONTACONTOS ".
VOUVOS EXPLICAR EN QUÉ CONSISTEN ESTAS ACTIVIDADES PARA OS QUE NON SE LEMBRAN:
"OS LIBROS SAEN AO PATIO": O ALUMNADO SAE AO PATIO A LER CONTOS AOS MÁIS PEQUENOS NA HORA DE LER DESPOIS DO RECREO.
ESTE ANO FAREMOS UN PEQUENO CAMBIO EN VEZ DE LER TODOS UN LIBRO , O ALUMNADO DE PRIMARIA DOS CURSOS DE 2º, 3º, 4º, 5º E 6º LEERANLLE AOS DE 1º DE PRIMARIA E AOS DE INFANTIL , SERÁN OS SEUS PADRIÑOS E MADRIÑAS,
"CONTACONTOS ": DURANTE AS DÚAS SEMANAS QUE DURA ESTA CELEBRACIÓN, NA PORTA DE CADA AULA COLOCARASE UNHA FOLLA COAS DATAS PARA CONTAR UN CONTO, TEDES QUE APUNTAR O NOME E O VOSO CURSO.
OUTRAS ACTIVIDES QUE PROPOMOS SON : O TALLER DE MARCAPÁXINAS, INVENTA UN CONTO ENTRE TODA A CLASE PARA XUNTAR TODOS OS CONTOS NUN LIBRO PARA TER NA BIBLIOTECA.
TAMÉN COLOCAREMOS UN MONTÓN DE LIBROS PARA PODER FACER O "TROCOLIBRO"
LEMBRAREMOS QUE O DÍA 23 DE ABRIL CELÉBRASE O DÍA DO LIBRO PORQUE É A DATA DA MORTE DUNS ESCRITORES MOI IMPORTANTES.
E TAMÉN LEBRAREMOS A ESCRITORA A QUE ADICASE ESTE ANO AS LETRAS GALEGAS O DÍA 17 DE MAIO.
E NON ESQUECER QUE HAI QUE LER MOITO PARA VIAXAR MOITO COA IMAXINACIÓN.
No hay comentarios:
Publicar un comentario