jueves, 24 de junio de 2021

 O CURSO ESTÁ REMATADO

 

Xa rematou este curso 2020-2021, un curso cheo de moitas moitas actividades, experiencias e emocións.

A pesares deste tempo tan raro, de virus covid, soupemos cumprir todas as normas e superamos con moi boa nota os niveis nulos de contaxio, por iso temos que felicitar a toda a comunidade escolar(familias, alumnado, profesorado e perosal escolar).

Tamén agradecemos a vosa participación en todas as actividades que se propuxeron dende a biblioteca e o centro escolar, moitas delas colgáronse na web e neste blog, e podedes velas e lembralas.

Agradecemos tamén o traballo feito polo profesorado na participación e realización do proxecto desde curso, e nas actividades realizadas o longo do curso.

Desexámosvos moita sorte aos que participades nas oposicións.

Que teñades unhas felices vacacións de verán, e lembrade levar un libro ou moitos libros na mochila, na maleta, na toalla.... para gozar da lectura.

As recomendacións de libros para as vacacións: 

todos aqueles que che gustan, aventuras, intriga, ficción, animais.... todos son bos para divertirse nas vacacións, así que le moito.

 

Se queres aventuras, lánzate á lectura!!!

Vive para lembrar, le para soñar!!!

Para viaxar lonxe, non hai mellor nave que un libro!!!

Un libro na túa man, e un amigo ao teu carón!!! 

Ler é soñar cos ollos abertos!!! 

 😚   😚

 

BOAS VACACIÓNS!!!!!

domingo, 16 de mayo de 2021

Día das Letras Galegas 2021

 Día das Letras Galegas

          17 MAIO  

O Día das Letras Galegas: Celébrase dende 1963 pola Real Academia 
Galega como homenaxe á creación literaria en galego e pola defensa 
da lingua. Este día celébrase, grazas a que en 1863 Rosalía de Castro 
publicou Cancións galegas que marcaron o renacemento da cultura 
galega. 
Este ano Real Academia Galega acorda homenaxear a Xela Arias, a 
súa poesía é "singular, transgresora, sincera e comprometida" como 
representante da xeración que renovou a poesía galega nos anos 80 e 
foi pioneira na tradución de clásicos.
Como defende a Real Academia, o protagonista das Letras Galegas 
2021 concibiu a poesía como "un xeito de investigar e cuestionar a 
orde das cousas, de describir o que se aprende a ocultar". “A busca 
do eu profundo e reflexivo; a afirmación do corpo feminino; a 
perspectiva de xénero e a busca de novos espazos para a poesía a 
través do recitado ou o diálogo coa fotografía, a música e a pintura ”, 
son trazos da súa voz como creadora. Arias anticipou no seu tempo 
temas e formas da poesía galega da década seguinte.