jueves, 3 de noviembre de 2022

SEGUIMOS DE FESTA NA BIBLIOTECA. VISITA DE XOSÉ LUNA


SEGUIMOS DE FESTA 


NA NOSA BIBLIOTECA SEGUIMOS DE FESTA E CONTINUAMOS COA ACTIVIDADE DE VIR COA LINTENA A COLLER LIBROS... 



O PASADES MOI BEN, E TODOS OS LIBROS ESTÁN MOI CONTENTOS DE TER TANTAS VISITAS!!! 
 

     

TODO O CENTRO TAMÉN ESTÁ DE FESTA CELEBRANDO O SAMAÍN, ESTÁ TODO ADORNADO CON CABAZAS, ARAÑAS, ESQUELETOS.... E MOITA MOITA FESTA.


 

 
 POR ESTAS DATAS ÉN VEUNOS VISITAR 
 
             O ESCRITOR XOSÉ LUNA SANMARTÍN
 
 O nos amigo e compañeiro de profesión, mestre, escritor e activista cultural galego.

Estudou maxisterio e logo licenciouse en Xeografía e Historia pola Universidade de Santiago de Compostela, exerce como mestre no CEIP do Foxo da Estrada. Colaborador en diferentes medios de comunicación, foi director de Edicións Fervenza. Ademais é escritor de poesía, narrativa, dramaturxia e ensaio. Foi fundador da Festa da Poesía, do partido de fútbol a prol da lingua e o Premio de Teatro Mome Varela Buxán.

Recibiu diferentes premios polas súas obras:

As cometas da vida, Memorias do Cairo, Tulipáns Vermellos, O libro dos bicos, As aventuras de Odiseo, O tempo entre as mans.

Ademais de distincións e medallas, foi o padriño da VIII Festa das palabras organizada por todos os centros de ensino da Estrada, Dinamiza Estrada 2021.


E hoxe tivemos a sorte de telo entre nós, falando e recitando para o curso de 4ºA de primaria, onde o alumnado disfrutou das súas experiencias e relatos, deixounos unha poesía dedicada e a súa firma no noso libro de visitas, ademais de firmarlle a todo o alumnado un libro seu.


Dende a Biblioteca agradecemos a súa visita, e interés por coñecer o noso centro e pasar un rato moi agradable e ameno con tod@s.

Moitas grazas compañeiro!!!

 






No hay comentarios:

Publicar un comentario