RAQUEL QUEIZÁS
RAQUEL QUEIZÁS
Raquel xa estivera no noso centro hai moitos anos como profesora de teatro, pero nesta ocasión veu para achegar ao alumnado de infantil de 3, 4 e 5 anos un tema delicado e a vez importante, "A Diabetes". Si amigos e amigas, Raquel que é unha profesional como a copa dun piñeiro, introduciu esta enfermidade dunha maneira realmente incrible e amena, co seu amiguiño Nano, unha ra que notábase un pouco raro... Raquel foi explicando todos os síntomas, a alimentación, e a forma de controlar as subidas e baixadas da glicosa, a insulina...incluso animounos a tod@s a bailar con Nano.
Realmente Raquel ten esa luz que fai que enganche, e o alumnado e profesorado quedou prendado dos seus encantos como contadora de contos, como actriz e como persoa.
Moitas grazas por vir a noso centro!!!.
Moita sorte e moito ánimo!!!.
Moitos bicos e apertas dende a Biblioteca do CEIP Raiña Fabiola.