martes, 5 de enero de 2021
miércoles, 23 de diciembre de 2020
martes, 22 de diciembre de 2020
REMATA O PRIMEIRO TRIMESTRE
Estamos as portas do Nadal e polo tanto temos todo o colexio adornado coa ledicia das cores, dos adornos da festa e cos villancicos. Pronto rematarán as clases e xa se respiran as gañas de ter vacacións, de pasalo ben coa família na casa aínda que teremos que ser moi responsables e prudentes respetando e recordando as normas que nos protexerán do vírus do covid-19 que estamos a padecer en todo o mundo.
Este primeriro trimestre pasou moi rápido e case sen darnos conta estamos xa no Nadal, pensando nas lambetadas, turróns, comidas especiais, e como non tamén nos agasallos!
Pero para que cheguen os agasallos, lembrade que tedes que escribir as cartas aos Reis Magos ou a Papá Noel e non esquenzades que sempre está moi ben pedir UN ou DOUS libros, ademais dos xoguetes...
Gustaríame facervos algunhas recomendacións para as vacacións: LER e ESCRIBIR algunha pequena historia ou conto, FACER DEBUXOS, ANIMARVOS A RECOMENDAR OS LIBROS QUE XA LEICHEDES enviando un escrito a dirección do blogue da biblioteca para publicala. Asi podesde compartir no blogue da biblioteca os libros que vos gustan.
Durante este trimestre o curso de 6º de primaria e a súa titora GAÑARON O PRIMEIRO PREMIO no concurso escolar de posdcasts en galego "XOSÉ MOSQUERA PÉREZ " : SINÉQDOQUE" polo que os nosos PARABÉNS.
Podedes escoitalo na seguinte dirección:
https://youtu.be/QRdLAd68lMw
PARABÉNS tamén para o 4º curso póla súa magnífica interpretación teatral da obra “O príncipe Cincento” para a súa titora Marián, a profesora en prácticas Alicia e a todo o alumnado polo duro traballo que realizaron. Esperamos que fagan mais obras teatrais tan ben como esta.
Podedes velo na seguinte dirección:
https://youtu.be/K2Jlh_F3b0g
Tamén PARABÉNS A TODO O ALUMNADO póla súa participación nas actividades propostas polo Equipo de Dinamización da Língua Galega (Samaín, debuxos “Sentindo en Galego”,…).
A toda a Comunidade escolar: alumnado-familias-profesorado, pola súa colaboración e participación na decoración de nadal no centro, cos seus calcetíns brillantes, debuxos e manualidades: MOITAS GRAZAS!.
Dende
a Biblioteca GRAZAS ao alumnado que coas súas voces leron relatos e contos, e vos animan a seguir lendo. Vos tamén podedes leer e envialos a dirección do blogue para publicalos
bibliorainha@gmail.com
O NADAL SIGNIFICADO E SÍMBOLOS
(fai clik en cada cadrado para ver e escoitar)
1 2 3 4 5 6 7 8 9 1011121314
jueves, 19 de noviembre de 2020
DÍA DOS DEREITOS DAS NENAS E NENOS A Declaración dos dereitos do neno foi aprobada o 20 de novembro de 1959 por unanimidade dos 78 estados membros que entón integraban as Nacións Unidas.
DISFRUTADE DO VIDEO QUE O CEIP ROSALÍA DE CASTRO DO GROVE FIXO NO ANO 2016
LOS LUNNIS CANCIÓN DE LOS DERECHOS
CANCIÓN SI YO FUERA TU
CANCIÓN DE LOS DERECHOS DEL NIÑO Y DE LA NIÑA
DERECHOS QUE DEBES CONOCER
viernes, 13 de noviembre de 2020
INFORMACIÓN DENDE A BIBLIOTECA PARA O PROFESORADO
Para animar este curso tan atípico e problemático polo virus, o equipo da bilbioteca propón o proxecto:
“CANCIÓNS E BAILES DO MUNDO”
En medio desta inquedanza queremos axudar a todo o alumnado a sentir alegría e diversión.
Cada aula ou especialidade pode escoller unha canción (en calquera idioma) e un baile para traballar na aula. Poñerase un folio no taboleiro da biblioteca para apuntar as cancións elexidas, intentaremos no repetilas.
Pódense programar unhas datas para ensinalo a todo o colexio, no patio por grupos, mantendo as normas de seguridade.